O Club Chan do Fento, por primeira vez, terá como patrocinador e será patrocinador dun organismo público de gran importancia para toda Pontevedra: a Deputación.
Por problemas fiscais atrasados cando chegamos ao club en febreiro de 2020, non puidemos optar a pasada tempada ás subvencións que ofrece aos clubes deportivos a Deputación de Pontevedra, dende a Delegación de Deportes, dirixida por Gorka Gómez Díaz.
Sen embargo, este ano, unha vez solventados os problemas co fisco, elaboramos un gran informe...