Os cadetes, os juniors e as categorías de mulleres, con récord de inscricións femininas, pugnarán polas camisolas autonómicas de fondo en Estrada.
No 2024 a capital do ciclismo galego de Estrada é Moaña. Esta vila da comarca pontevedresa do Morrazo acollerá catro Campionatos autonómicos, e os tres primeiros celébranse esta fin de semana, a última do mes de xuño. O sábado pola tarde pugnarán polas camisolas da Federación Ciclismo Galego (FCG) os cadetes e todas as categorías femininas...